Galego | English |
Aliñacion do Deportivo: Liaño;Alfredo(Recarte),Voro,Djukic,Paco,
Villarroya(Nando); Manjarin,Donato(Aldana),Fran,Beguiristain;Bebeto
Goles:Donato e Bebeto(2).
Os xiareiros do Deportivo non as tiñan todas consigo antes do partido
coa equipa turca.Ainda que o adestrador,o gales John Benjamin
Toshack,xa falara sobor da perigosidade do Trabzonspor e de que non
deberia haber confianzas. Nos primeiros intres do encontro,era a
quipa visitante a que semellaba facerse co control do xogo,perante un
Deportivo titubeante que non era quen de impor a sua evidente
superioridade tecnica.Incluso os turcos chegaron a tirar un par de
veces a porteria de Liaño. Pero todo foi un espexismo.Apenas
sobrepasado o minuto 20 de xogo,o hispano- brasileiro Donato,verdugo
dos turcos en Trabzon,mandaba un misil dende 35 metros o saque dunha
falta que se colaba por toda a escuadra da porteria do bo gardamallas
forasteiro.
E ahi rematou a eliminatoria.O Trabzonspor asumiu o seu papel
de equipa inferior e que debia limitarse a capea-la treboada que se
lle viña enriba. Os ultimos estertores dos turcos foron unha serie
de patadas sen vir a conto, tentando estragar o xogo por momentos
brilante do Deportivo.Pero pouco antes de remata-la primeira metade,o
tetracampion Bebeto,nunha das suas xa habituais xenialidades acadou o
segundo gol do Depor e eliminou as xa escasas esperanzas orientais. A
segunda parte foi coser e cantar.Os turcos xa nin daban patadas.No
tempo de le cer,Toshack daba entrada o veteran Lopez Recarte,que
debutaba asi en competicion europea este ano tra-la lesion sofrida nun
pe.
Pero non era o dia dos Beguiristain,Manjarin e compañia,que
estragaban unha tras outra as ocasions que lles servian en bandexa os
seus compañeiros,ainda que boa parte da culpa destes erros tiñaa o
porteiro turco. Xa perto do final,como non,Bebeto,fixo o gol que
redondeaba o resultado,que ainda que non facia xustiza os milleiros de
ocasions que tivo o Depor,si era un marcador mais axeitado a realidade
do acontecido sobor a alfombra de Riazor. Este tanto do Brasileiro
era o cuarto da eliminatoria e o decimosegundo que fai o Depor na
Recopa,sen ainda ter encaixado ningun,curriculo sen dubida abraiante o
da equipa coruñesa,que,para desgraza dos seus xiareiros,non ten nada
que ver co que amosa na competicion española.
Agora so queda agardar ate o sorteio que tera lugar o 8 de Decembro en
Xenebra.Os preferidos do Depor como rivais nos cuartos de final son o
Rapid de Viena e o Dinamo de Moscova.Por outra banda,non queren ver
nin en pintura o todopoderoso Parma do vello amigo Hristo
Stoichkov,nin o vixente campion e compatriota Real Zaragoza. Eu,
persoalmente, tampouco desexaria que tocara o Borussia de
Monchengladbach,xa que lembro con tristura que o Depor foi apeado da
copa da UEFA os anos anteriores por equipas alemas (Eintracht de
Franckfurt e Borussia Dortmund).
A Coruña,2 de Novembro do 1995,Xoves